FleaMarket Incoruña, cociña e tendencias no Mercado de Agustín

FleaMarket Incoruña, cociña e tendencias no Mercado de Agustín

Cociña e tendencias daranse cita en FleaMarket Incoruña do 31 de maio ao 2 de xuño no Mercado de San Agustín da Coruña. A súa segunda planta acollerá distintas actividades nas que a gastronomía galega deixarase sentir a través dunha serie de exhibicións de cociña por parte de recoñecidos cociñeiros.

O xoves 30, dende as 20:00 horas, estará Luis Veira, do restaurante Árbore da Veira que funciona dende outubro na cidade herculina. A súa sesión será o anticipo do mercado, que abrirá o día seguinte.

O venres 31 haberá dobre cita con cociñeiros. Ás 12:30 Juan Crujeiras e Beatriz Sotelo (A Estación de Cambre) amosarán todo o seu bo traballo; e dende as 19:30 será a quenda de Fernando Agrasar (Ás Garzas, Malpica) e Paco Moar, de Casa Pena en Moeche, unha das recomendacións no número 2 da revista BenBo.

O sábado 1 chegará Pablo Gallego e o domingo 2, por último, será a quenda de Eduardo Pardo, do Restaurante Domus.

Fleamarket aspira a seren moito máis que cociña, pois haberá obradoiros de roupa e complementos, customización de camisetas e 20 tendas abertas dende as 11:00 da mañá e ata as 21:00 horas venres e sábado, mentres o domingo pechará ás 20:00 horas.

Acceder a FleaMarket Incoruña terá un prezo de 1 euro, destinado integramente a Cáritas.

Comparte...