Chega o Fórum Gastronómico de Girona, con notable presenza galega

Chega o Fórum Gastronómico de Girona, con notable presenza galega

Quedan só uns días para que comece o Fórum Gastronómico 2013 en Girona, que dende o 24 de febreiro e durante 3 días será o foco de atención do sector. Galicia mantén unha relación moi estreita con esta cita que, dende 2008, se celebra os anos pares en Santiago de Compostela e os impares en Cataluña.

Nesta edición a gastronomía galega estará presente na programación oficial, no programa de expositores e na Feira.

O luns 25, ás 18:00 horas, chegará “Sabores e produtos de Galicia”, unha sesión compartida por Pepe Solla (Restaurante Solla), Xosé Cannas (Pepe Vieira Camiño dá Serpe) e Javier Olleros (O Culler de Pau) Celebrarase no Auditorio do Fórum, a localización para as citas máis destacadas.

Sen moverse das butacas, dende as 19:00 horas, chegará “A última cea de Casa Marcelo”. O mesmo Auditorio acollerá a Marcelo Tejedor e Iván Domínguez nunha sesión que se prevé inesquecible.

O martes 26, dende as 12:00 horas, Javier Olleros realizará un taller sobre “Respecto co entorno. Compromiso co produtor”. Pola súa banda, Rodrigo de la Calle mostrará a “Revolución Verde” a partires das 16:00.

O luns e o martes terán lugar dúas sesións ofrecida pola Consellería do Mar e do Medio Rural da Xunta de Galicia.

A primeira será o luns 25, no Ateneo II de 13:00 a 14:00 horas; baixo o nome “Secretos galegos do mar e da terra” chegará unha cata degustación de Bodegas Santiago Roma (D.O. Rías Baixas), Conservas artesanas Curricán, Aceites Abril, Bodegas Quinta de la Erre (D.O. Rías Baixas), Quesos da Cooperativa Campo Capela y Galletas da Veiga.

Xa o día seguinte, de 12:00 a 13: horas no Ateneo I, Solla e máis Xosé Cannas prepararán “Cociñar para falarmos… con acento galego” onde se promocionarán Lacón de Galicia, Tenreira Galega, Mel de Galicia, centola e vieira, maridados con viños da D.O. Ribeiro.

Feira de expositores

Na Feria de Expositores tamén haberá unha abundante listaxe de empresas e máis entidades de distintos sectores, comezando coa propia Consellería do Medio Rural e do Mar que ocupará un posto destacado no recinto.

Entre os viños, estarán presentes desde O Rosal Bodegas O Aforado e Quinta de la ErreSantiago Roma, de Ribadumia; os Ribeira Sacra de Ponte da Boga; e os Valdeorras de Galgueira.

Aceites Abril proseguirá coa divulgación dos seus produtos noutros puntos da península.

Outras iniciativas presentes serán as distintas facetas de Benboa, de Corrubedo; Alacena Galega, que traballa na elaboración, innovación e promoción de produtos tradicionais galegos; Deleitarte, Cultura e Gastronomía, de Boiro, que ofrece diversos servizos de cáterin e gastronómicos; ou a firma de alta pastalería ultraconxelada Lambone en Casa.

O sector conservero contará coas conservas tradicionais Curricán e Conservas Cuca – Garavilla; e do mar tamén acudirán os recursos pesqueiros do Porto de Cambados e a iniciativa con tenda online Loestamospescando.com (do Grupo de Acción Costeira 3 – Costa da Morte).

Tampouco faltarán os productos da Cooperativa Campo Capela e máis da firma Da Veiga, de Chantada, como as súas galletas mariñeiras.

Por último, cómpre salientar a presenza de diversos produtos de Hijos de Rivera como as cervezas Estrella Galicia ou as augas de Cabreiroá.

Entrevista a Pep Palau e Jaume von Arend, directores do Fórum Gastronómico

Artículo de Nati Palomo sobre o Fórum Gastronómico, na Comunidade BenBo

Comparte...