Marcelo Tejedor anuncia os seus plans no Fórum Gastronómico Girona 2013

Marcelo Tejedor anuncia os seus plans no Fórum Gastronómico Girona 2013

Galicia xa se deixa notar  no Fórum Gastronómico Girona 2013.

Marcelo Tejedor durante a sesión estrela que foi “A última cea de Casa Marcelo” anunciou que abrirá unha taberna que una tradición galega e cociña xaponesa: “Únelles o amor ao pescado, a simplicidade e transmitir a esencia da cociña coa mínima manipulación”.

Marcelo busca “recuperar pratos que gusten a unha minoría”, quere ser “canalla” e darlle a oportunidade a outras elaboracións, mesturando a técnica do corte e o sinxelo da cociña nipona, ainda que mantendo “a esencia do produto gallego”

O nome de Casa Marcelo non se perderá. Houbo maxia, emoción e mesmo bágoas… Marcelo Tejedor e Iván Domínguez eran dúas das voces máis agardadas, pero non as únicas.

Previamente fora a quenda de “Sabores e produtos de Galicia”, unha sesión compartida por Pepe Solla (Restaurante Solla), Xosé Cannas (Pepe Vieira Camiño da Serpe) e Javier Olleros (O Culler de Pau) que se celebrou no Auditorio do Fórum, a localización para as citas máis destacadas. Os tres divertiron e se divertiron facendo o que mellor saben facer: cociñar.

O Ateneo II acolleu a mañá do lunes 25 “Segredos galegos do mar e da terra” unha sesión da Consellería do Mar e do Medio Rural da Xunta de Galicia na que tomaron parte Bodegas Santiago Roma (D.O. Rías Baixas), Conservas artesás Curricán, Aceites Abril, Bodegas Quinta da Erre (D.O. Rías Baixas), Queixos da Cooperativa Campo Capela e Galletas da Veiga.

Os propios produtores foron os encargados de amosar os seus produtos ante un público que encheu a sala.

Comparte...