Nova xornada con acento galego no Fórum Gastronómico de Girona

Nova xornada con acento galego no Fórum Gastronómico de Girona

Despois da emocionante xornada do luns, o Fórum Gastronómico de Girona vive o seu último día no que os expositores e cociñeiros galegos tamén contan con protagonismo.

A Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta artellou hoxe un taller de cociña para a exaltación da gastronomía galega, onde todas as receitas estiveron harmonizadas con viños da Denominación de Orixe Ribeiro. Tratouse de “Cociñar para que falemos… con acento galego” onde tamén se promoveron Lacón de Galicia, Ternera Galega, Mel de Galicia, centola e vieira.

Nos fogóns: Pepe Solla e Xosé Cannas e, a cargo dos viños, interveu Meritxell Falgueras, a xornalista e sumiller catalá que presenta no Fórum o seu segundo libro “Os viños da túa vida. Porque a vida é demasiado preciosa para beber mal”.

Un segundo obradoiro estivo a cargo de Javier Olleros e o seu equipo, acerca de “Respecto co entorno. Compromiso co produtor”.

Expositores

Na Feria de Expositores tamén existe unha abundante listaxe de empresas e máis entidades de distintos sectores, comezando coa propia Consellería do Medio Rural e do Mar que ocupa un posto destacado no recinto.

Entre os viños, están presentes desde O Rosal Bodegas O Aforado e Quinta de la ErreSantiago Roma, de Ribadumia; os Ribeira Sacra de Ponte da Boga; e os Valdeorras de Galgueira.

Aceites Abril prosigue coa divulgación dos seus produtos noutros puntos da península.

Outras iniciativas presentes son  Benboa, de Corrubedo; Alacena GalegaDeleitarte, Cultura e Gastronomía, de Boiro, ; ou Lambone en Casa.

O sector conservero contará coas conservas tradicionais Curricán e Conservas Cuca – Garavillae do mar tamén acudirán os recursos pesqueiros do Porto de Cambados e a iniciativa con tenda online Loestamospescando.com (do Grupo de Acción Costeira 3 – Costa da Morte).

Tampouco faltarán os productos da Cooperativa Campo Capela e máis da firma Da Veiga, de Chantada, como as súas galletas mariñeiras. Por último, cómpre salientar a presenza de diversos produtos de Hijos de Rivera como as cervezas Estrella Galicia ou as augas de Cabreiroá.

Comparte...