
Boa marcha na comercialización do Fórum Gastronómico A Coruña 2019
Xa se vendeu máis dun 50% da superficie comercial desta feira gastronómica que se celebrará os días 10, 11 e 12 de marzo de 2019
O Fórum Gastronómico A Coruña 2019 anuncia que a súa nova edición está a levantar expectación a nivel comercial e apunta algunhas das firmas que xa avanzaron a súa presenza no evento.
Son desde multinacionais ata pequenos produtores, que representan todos os estamentos do sector.
A edición 2019 seguirá co mesmo modelo que conseguiu grandes resultados nas tres pasadas edicións na Coruña: un grande espazo feiral con recoñecidas empresas dos sectores da distribución, a produción de alimentos e bebidas, o foodservice ou o equipamento e a maquinaria, xunto cun atractivo e amplo programa de actividades protagonizadas por destacados cociñeiros.
A organización do Fórum Gastronómico apunta que, seguindo ese ritmo, non se descarta unha ampliación de superficie en EXPOCOurña, a súa sede.