Óscar Vidal, del Asador O Pazo y el Hotel Scala

Fórum Gastronómico: Aceites Abril sorprende cun taller de “maxia verde”

Aceites Abril, patrocinador oficial do Fórum Gastronómico da Coruña, foi a marca encargada de mostrar aos visitantes da feira-congreso as posibilidades e peculiaridades dos diferentes tipos olivas e a súa combinación na gastronomía mediante o taller “Maxia Verde”.

Tres recoñecidos chefs elaboraron pratos en directo e explicaron as maridaxes que buscaban coas súas receitas. Miguel Mosteiro, de Chicolino Restauración (Boiro), preparou un Carpacio mareiro de tenreira galega con aceite picual e pementa Sichuan. Francisco Sotelino, do Asador La Paz (Moaña), recreou en directo a forma de olivas nun sorprendente prato grazas unha composición moi orixinal baseada noutros ingredientes. Finalmente, Óscar Vidal, do Asador O Pazo e o Hotel Scala, ofreceu, facendo honra á raíña do Ulla na bisbarra do Sar, Lamprea confeitada con Aceites Abril.

Comparte...