Sabor galego no Fórum Gastronómico de Barcelona 2016

Sabor galego no Fórum Gastronómico de Barcelona 2016

O evento gastronómico que alterna Catalunya e Galicia vive a súa nova cita do 23 ao 26 de outubro e conta co colectivo Coruña Cociña, Javier Olleros e Lucía Freitas no seu programa

O recinto Gran Via de Fira Barcelona será a sede para un novo Fórum Gastronómico Barcelona, do 23 ao 26 de outubro. Será simultáneo á feira Hostelco e ao Congreso de Restauración Colectiva, no marco da denominada Barcelona Hosting Week.

A cita terá sabor galego. A sesión de peche no Auditorio, o martes 26, irá a cargo de trece cociñeiros do colectivo Coruña Cociña, día no que tamén estará a cargo dunha sesión Javier Olleros. As conservas e a pesca artesanal galegas tamén han centrar obradoiros impulsados pola Xunta de Galicia e a cargo de Lucía Freitas, o domingo 23 e o luns 24. En 2017, Fórum Gastronómico volverá a Galicia, á Coruña.

Os trece membros de Coruña Cociña que subirán ao escenario principal do Fórum Gastronómico Barcelona son: Adrián Felípez (Miga), Álvaro Gantes (o Lagar da Estrella), Ángeles Marzoa (Vinoteca Jaleo), Antonio Amenedo (Pazo de Santa Cruz), Chisco Jiménez (Culuca Cociña-Bar), Diego Bello (Hotel Attica 21), Gorka Rodríguez (A Pulpeira de Melide), Iria Espinosa (Árbore da Veira), Iván Domínguez (Alborada), Javier Freijeiro (Grupo el Huerto), Luís Veira (Árbore da Veira), Moncho Bargo (Proyecto Propio), Pablo Gallego (Pablo Gallego), Pablo Pizarro (Bocanegra) e Tino Otero (Aula de Cocina Porto-Muiños).

Con máis de 15 anos de historia desde os seus inicios en 1999, Fórum Gastronómico chega por segundo ano á capital catalá. Nesta edición o universo doce terá un papel central sendo o eixo temático do programa de actividades que contará con máis de 80 actividades e máis de 100 relatores. Ademais dunha feira máis grande.

Jordi Cruz, Paco Pérez, Carme Ruscalleda, Nandu Jubany, Ricard Camarena, Josean Alija, Víctor Quintillà, Jordi Vilà, Oriol Castro, Mateu Casañas, Eduard Xatruch, Sergio e Javier Torres ou Xavier Pellicer e o galego Javier Olleros, son só algúns dos participantes na cita barcelonesa.

O apartado doce contará con pasteleiro, cociñeiros de sobremesas, chocolateiros, heladeros e representantes dos oficios relacionados co mundo doce. Algúns dos protagonistas serán Ramon Morató, Josep Mª Ribé, Miquel Guarro, Daniel Álvarez, Raúl Bernal, Jordi Butrón y Xano SaguerDavid Gil, Oriol BalaguerChristian EscribàJordi BordasBetina MontagneMarco LeonePol ContrerasOlivier Fernández, Paco TorreblancaCarles Mampel ou Massimo Pignata, entre outros.

Non faltarán estrelas internacionais da pastelería como os franceses Patrick Roger e Yann Couvreur, ou a rusa Nina Tarasova. Ademais de Gaggan Anand, chef do mellor restaurante de Asia en 2016 segundo a revista “Restaurant”.

Toda a programación, no portal web do Fórum Gastronómico.

Comparte...