O Fórum Gastronómico da Coruña aposta polo “repetirás” no 2015

O Fórum Gastronómico da Coruña aposta polo “repetirás” no 2015

O Fórum Gastronómico celebrará en marzo de 2015 a súa segunda edición na Coruña, en concreto os días 15, 16 e 17, e de novo no recinto de ExpoCoruña. O Fórum Gastronómico muda o seu mes de referencia de febreiro a marzo para, segundo os seus organizadores, non coincidir con outras citas de referencia.

No acto que serviu como bautizo deste novo Fórum Gastronómico en Galicia destacouse que a primeira edición na Coruña, trala andaine previa en Compostela, congregou a máis de 21.000 persoas de público gastrónomo e profesional, case un cento de relatores e docentes, máis de 50 sesións de cociña en directo e unha porcentaxe de ocupación do 100% en todas elas. O lema do 2015 ha ser “Repetirás”, co obxectivo de repetir o éxito.

O Fórum A Coruña 2015 continuará coas liñas mestras de anteriores citas en Galicia e Catalunya, se ben buscará solucións para que poidan “convivir harmónicamente o público profesional e o público gastrónomo”. Os co directores, Pep Palau e Jaume Von Arend, avanzaron a posibilidade de que se cren áreas profesionais de “acceso restrinxido” nas que se poidan  negocios cun menor balbordo.

O acto de presentación do Fórum A Coruña contou con numerosas autoridades políticas e con Manel Piñón, representante de Estrella Galicia, que será o seu patrocinador principal.

 DOSSIER-DE-PRESENTACIÓN-CORUÑA-2015

Comparte...