O Fórum Gastronómico contará co segundo concurso de tiraxe de cervexa de Estrella Galicia

O Fórum Gastronómico contará co segundo concurso de tiraxe de cervexa de Estrella Galicia

Estrella Galicia celebrará dentro do Fórum Gastronómico da Coruña a segunda edición do seu Campionato Galego de Tiraxe de Cervexa.

O luns 16 de marzo, en ExpoCoruña, chegará a segunda edición do Campionato Galego de Tiraxe de Cerveza Estrella Galicia. O certame será unha das citas dentro do Fórum Gastronómico Coruña, que terá lugar do 15 ao 17 de marzo.

Mario Basoa, da taberna O Enxebre de Fene, alzouse co título de Mellor Tirador Galego de Cervexa no 2014.

A final comezará na Coruña o luns 16 de marzo ás 10:30 no posto de Estrela Galicia, cun máximo de 30 profesionais seleccionados entre os que se inscriban a través da web da marca. O campión e o subcampión representarán a Galicia no certame nacional que terá lugar en abril no Salón Gastrónomas de Madrid.

O 9 de marzo en Vigo celebrarase unha fase previa con participantes de Ourense e Pontevedra.

Aínda non é posible inscribirse e as solicitudes deben facerse a través da web de Estrela Galicia; un comité de admisión seleccionará os participantes.

Comparte...