Fórum Gastronómico: Obradoiros e expositores amosarán na Coruña o mellor da cociña nacional e internacional

Fórum Gastronómico: Obradoiros e expositores amosarán na Coruña o mellor da cociña nacional e internacional

A Coruña será o epicentro da gastronomía do 12 ao 14 de marzo cunha nova edición do Fórum Gastronómico que terá lugar en ExpoCoruña. O espazo feiral contará con máis de 200 expositores e un crecemento dun 30% respecto á última edición. Á parte de Galicia, no faltarán empresas chegadas do resto de España, como Andalucía, Catalunya, Extremadura, País Vasco, Castela León, Aragón, Murcia, Cantabria, Madrid, Navarra, Canarias, Valencia ou La Rioja, ademais de China, Países Baixos ou Portugal.

Nos distintos stands poderánse atopar viños, cavas, licores e bebidas; denominacións de orixe; produtos gourmet; xamóns e aceites; cafés; servizos e equipamiento para hostalería, maquinaria e utillaxe; queixos, xeados e lácteos; carnes, peixes e mariscos; froitas e derivados; institucións; conservas e conxelados, entre outros sectores.

Nesta edición, cabe destacar que do total de empresas participantes, un 45% fanno por primeira vez no Fórum, demostrando así, que Fórum é un evento de referencia e unha gran plataforma de negocio para as empresas do sector. Ao longo de tres xornadas, as empresas teñen unha oportunidade única para dar a coñecer os seus produtos e servizos ante un público profesional e gourmet.

Son moitos os expositores que programaron actividades propias nos obradoiros do Fórum ou nos seus propios stands, como catas de produto ou presentacións, as cales, poden consultarse en: http://www.forumcoruna.com/feria-actividades, e complementan e supoñen un valor engadido ao programa oficial do Fórum.

 Programa de actividades

O programa de actividades do Fórum Gastronómico deste ano ten como eixo central a nova cociña galega e, por iso, contará con 60 cociñeiros de Galicia. Entre moitos outros cabe destacar a presencia de Pepe Solla (Solla), Javier Olleros (Culler de Pau), Luis Veira (Árbore da Veira), Iván Domínguez (Alborada) ou os colectivos Coruña Cociña e Grupo Nove. Non faltarán á cita xoves promesas galegas como: Alberto Cruz (Landua), Carlos Javier González (Merenzao), Diego López (La Molinera), Nacho Rodríguez (Gastromanía), Alén Tarrío (Pazo de Altamira) Alberto Lareo (Manso), Fernando Agrasar (As Garzas), Diego Novas y Marcos Blanco (Barrabasada) ou Iago Pazos y Marcos Cerqueiro (Abastos 2.0).

Ademais, o evento contará con chefs do talle dos andaluces Ángel León (Aponiente) e Diego Gallegos (Sollo); os asturianos Marcos Morán (Casa Gerardo), Nacho Manzano (Casa Marcial) e unha representación da cocina portuguesa cos tamén estrelados Henrique Sa Pessoa (Alma) ou Alexandre Silva (Loco). Tamén estarán presentes Nandu Jubany (Can Jubany), Aitor González (El Invernadero de Rodrigo de la Calle) ou Jesús Segura y David Chamorro (Trivio).

En total, polo Fórum pasarán máis de 100 poñentes. Como novidade, este ano realizaranse sesións monográficas de especialización dunha tarde de duración, concretamente unha de peixes e unha de carnes. No caso das carnes, os protagonistas serán Mikel Zeberio, Carles Tejedor, Miquel Ristol (Lomo Alto) ou Héctor López (España), ademais dos mellores ‘parrilleiros’ tradicionais de Euskadi e Galicia. No caso dos peixes, os asistentes poderán aprender con Hideki Matsuhisa (Koy Shunka), Andrés Medici (Purosushi), Sacha Hormaechea ou Victor Bossecker (Princesa Yaiza).

Ademais, nun novo espazo chamado Ágora, dentro de ExpoCoruña, os protagonistas serán os oficios alimentarios e os artesáns, que ofrecerán sesións de 40 minutos que, ao igual que os obradoiros, inclúen degustación e requiren inscripción. Os protagonistas neste caso serán o pan, o queixo, a charcutería, o mar ou a coctelería. Coma sempre, o viño tamén terá un papel protagonista. O Fórum Viño terá o privilexio de contar, entre outros, cunha inédita sesión de Josep Roca, mellor sumiller do mundo (El Celler de Can Roca), con sesións a cargo do sumiller Xoan Cannas (Instituto Galego do Viño), do especialista en viños de Jerez, José Ferrer e tamén Luís Paadín. O servizo de sala contará cunha sesión especial a cargo de Juan Mediavilla, Amaranta Rodríguez (Culler de Pau) y Abel Valverde (Santceloni).

Fórum Dulce tamén terá cabida no evento con sesións de pastelería galega a cargo de Ariel Mendizábal (Doriel), Paco Chicón e Sergio Musso (Eclectic. Lar gastronómico) e Toni Vera (Pastelería Canal), gañador do IX Concurso Mellor Croissant Artesán de Mantequilla de España 2016.

Fiel á súa cita na Coruña, Aceites Abril tamén estará presente no Fórum. Ademais de poder degustar e coñecer os seus produtos no stand da empresa ourensana, tamén se ofrecerá un showcooking o luns 13 de marzo ás 18.00 horas no Taller 2. A sesión, con aforo limitado, estará conducida por Jorge Guitián Castromil, que ofrecerá unha breve cata comentada de tres tipos de Aceite de Oliva Virxe Extra (AOVE). Ademais, demostrarase o potencial na gastronomía destes produtos cun showcooking que correrá a cargo do chef de Grupo Nove Cociña Álvaro Villasante. Este profesional elaborará un menú de tres platos cos que pretende sorprender a todos os asistentes.

Espacio InnoFórum Fórum Gastronómico

A Coruña recoñecerá tamén a innovación en gastronomía a través dos Premios InnoFórum, patrocinados por Gas Natural Fenosa. Premiarase o produto máis innovador, o packaging máis creativo e o sabor máis orixinal. En total optan a esos premios 35 produtos que estarán expostos nunhas vitrinas en ExpoCoruña durante os días de Fórum converténdose nun escaparate das novidades presentes no espazo feiral. Os premios entregaranse o domingo 12 de marzo ás 17.15  no Auditorio de Fórum Gastronómico.

Cook Trends, zona de restauración Fórum Gastronómico

A Coruña contará cunha ampla zona de restauración con food trucks seleccionados que responden a criterios rigorosos e singulares; compromiso cos produtos galegos, os produtores locais, a agricultura ecolóxica, a artesanía e as prácticas responsables. O Cook Trends será o lugar onde Galicia cociña sobre rodas, o espazo de encontro dos amantes da cociña galega contemporánea, nun ambiente lúdico e festivo.

Os participantes serán: Bico de Xeado, Galeguesa, Hermes Jorney, Josmaga, La Consentida, A Consentida, Laconlover, Mercado da Colleita, O Viaxeiro, A Pulponeta, Showcooking.

Ademais, Saborea España tamén estará presente no Fórum Gastronómico. Seis dos destinos que forman parte desta plataforma (A Coruña, Lanzarote, Logroño, Sant Carles de La Rápita, Segovia e Valladolid) ofrecerán durante estes tres días un total de 16 showcookings destinados tanto a profesionais coma ao público final.

Misión inversa

Cámara de Comercio de A Coruña, xunto co Fórum Gastronómico organiza unha misión inversa con 12 importadores extranxeiros procedentes de Holanda, Bélxica, Reino Unido, Irlanda, Polonia e México no marco de Fórum A Coruña. Esta misión inversa, que terá lugar os días 12 e 13, vai dirixida especificamente a empresas galegas interesadas en abrir novas vías de distribución dentro da canle HORECA de hostalería, restauración e catering. En total participarán nesta acción 46 empresas. Deste xeito, máis de unha ducia de importadores da canle HORECA de Holanda, Bélxica, Reino Unido, Irlanda, Polonia e México manterán entrevistas coas empresas gallegas participantes, que poderán darlles a coñocer os produtos máis novidosos da gastronomía galega.

Actividades na ciudad

O programa de actividades que se levará a cabo na cidade foi organizado por el colectivo Coruña Cociña, en colaboración co Fórum Gastronómico. O sábado, 11 de marzo, día previo ao inicio do Fórum, celebrarase o gastrofestival “A Coruña Sabe” en Palexco. Con horario continuado de 12 a 24 horas, este festival está concebido coma un espazo aberto a toda a cidadanía cunha ampla oferta de actividades vinculadas á gastronomía. “A Coruña Sabe” reunirá en Palexco a 18 establecementos da cidade para ofrecer unha proposta gastronómica temporal, fresca e atrevida. Un espazo único ambientado especialmente para a ocasión onde degustar a un prezo asequible, entre 3 y 5 euros, as creacións dos restaurantes participantes en formato tapa ou ración.

Asimesmo, haberá un espazo adicado os nenos de entre 6 e 12 anos, no que poderán gozar dos obradoiros de cociña que lles teñen preparados os chefs de Coruña Cociña Os asistentes gozarán, ademais, disfrutarán ademais dun Rincón do Café e se poderán adentrar no Túnel do Vino, unha zona adicada ás D.O. de Galicia, na que se contará con máis de 30 referencias. A música do DJ Jas Processor e o directo das bandas locais Revival Stompers, Black e Jazz Up, animarán en todo momento ao público asistente a “A Coruña Sabe”. Unha xornada que se completará coa celebración dun espectáculo que aúna moda e coctelería.

domingo 12, coincidindo co peche da primeira xornada do Fórum Gastronómico, 9 restaurantes ”anfitrións” abrirán as súas portas a outros tantos cociñeiros coruñeses para, man a man, ofrecer creacións conxuntas nun roteiro de tapas a catro mans en horario de noite.

Comparte...