O Fórum Gastronómico de Girona terá acento galego

O Fórum Gastronómico de Girona terá acento galego

O Fórum Gastronómico que se celebra do 24 ao 26 de febreiro en Girona terá acento galego, tanto en relatores coma en expositores.

O auditorio acollerá o luns 25, de 19.00 a 20:00 horas, unha sesión compartida por Pepe Solla (Restaurante Solla), Xosé Cannas (Pepe Vieira Camiño da Serpe), Javier Olleros (Culler de Pau) e Iván Domínguez (Casa Marcelo). Celebrarase no auditorio, a localización para as citas máis salientables.

O martes 26 será a quenda para un obradoiro denominado Respecto co entorno. Compromiso co produtor, a cargo de Javier Olleros e Iván Domínguez.

Na Feira está confirmada a presenza da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia; Hijos de Rivera; e Conservas Cuca -Garavilla.

A relación entre Fórum Gastronómico e Galicia é moi intensa. Naceu en Vic no 1999 e dende 2008 celébrase os anos pares en Santiago de Compostela e os impares en Cataluña.

Entrevista a Pep Palau e Jaume von Arend, directores

Artigo de Nati Palomo sobre o Fórum Gastronómico

Dossier do Fórum Gastronómico

Comparte...