Francisco Gómez, gañador do Concurso de Pulpeiras del Fórum Gastronómico 2015

Francisco Gómez, gañador do Concurso de Pulpeiras del Fórum Gastronómico 2015

Xa coñecemos o gañador da quinta edición do Concurso de Pulpeiras e Pulpeiros del Fórum Gastrónomico: Francisco Gómez do Carballiño. O xurado decidiu por unanimidade outorgarlle o primeiro posto no certame, que tivo lugar na mañá do primeiro día da feira-congreso da Coruña. Quedou en segunda posición José Rodríguez, de Vedra, e por último Roger Louredo de Carballiño conseguiu o terceiro premio.

Formaron parte do xurado a gañadora do galardón o ano pasado, María Isaura González, e destacadas figuras do mundo da gastronomía como o xefe de cociña galego Pepe Solla, o xornalista Carlos Maribona ou Miguel Vila, o director da revista Benbo.

Esta iniciativa conta coa colaboración da marca galega Aceites Abril.

Comparte...