O futuro da intermediación na hostalería protagoniza o próximo acto do CIFP Compostela

O futuro da intermediación na hostalería protagoniza o próximo acto do CIFP Compostela

O centro de formación CIFP Compostela continúa coa celebración do seu 50 aniversario, esta vez, cunha conferencia sobre o futuro da intermediación na hostalería. O acto, que terá lugar o martes 9 de maio ás 10 da mañá,  estará protagonizado por ponentes das 3 empresas de intermediación máis importantes de España: Helena Perelló, responsable de comunicación de Atrápalo, Alejandro Lorenzo, fundador de El Tenedor y Antonio Fernández Ruíz, fundador e CEO de restaurantes.com. Ademáis, o encargado de moderar as conversacións será o xornalista de La Voz de Galicia, Joel Gómez.

A conferencia está aberta a todos aqueles que desexen asistir, sempre previa inscripción na web do 50 aniversario, onde tamén pode consultarse o programa completo coas actividades que se irán celebrando durante os próximos meses. Tanto os coloquios como as catas e os showcookings son gratuítos.

Os actos deste 50 aniversario do CIFP Compostela prolongaranse durante os meses de maio, outubro e novembro. As próximas citas, dous Showcooking-Catas, correrán a cargo da Denominación de Origen Ribera del Duero e do chef Alberto Lareo, do restaurante Manso de Santiago de Compostela, sobre a cociña de algas. O 30 de maio haberá outra conferencia na que se falará do ‘Éxito empresarial en restauración. A figura do chef emprendedor’, á que asistirán os cociñeiros Sergi Arola, Pepe Vieira, Yayo Pazos e Marcos Cerqueiro.

Comparte...