Ponencias e talleres de cociña na segunda edición do Gastroforum

Ponencias e talleres de cociña na segunda edición do Gastroforum

O sector galego da restauración ten unha nova cita no Centro Superior de Hostelería de Galicia os días 22 e 23 de maio. O II Gastroforum acolle talleres e debates sobre gastronomía vista desde a perspectiva da sustentabilidade, solidariedade e a saúde.

As actividades desenvolveranse na aula de cociña demostración e no pavillón polideportivo do CSHG. A inauguración será o luns, día 22 ás 11h30. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora do CSHG, Marta Fernández, serán as responsables de abrir o evento.

O programa de actividades para o luns 22 inclúe un primeiro bloque sobre Iniciativas de sustentabilidade na restauración. Ás 10 da mañá haberá dúas ponencias. Unha da consultora Isabel Coderch para falar da Restauración sustentable e outra de Miram Montero e Antonio García, de Lonxanet, que tratarán sobre os Restaurantes e restauradores pola conservación do mar.

Ás 11:30 horas será o acto de inauguración e despois, está organizado o taller de cociña Reivindicando o peixe de descarte e o seu uso na cociña.

O segundo bloque, Gastronomía integradora, dará comezo ás 12.30 horas coa mesa redonda ‘Por unha gastronomía integradora. Participarán Luis Veira, chef do restaurante Árbore da Veira Manuel de Lario, de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade)…

Ás dúas da tarde, haberá outro obradoiro de cociña: A texturización en centros residenciais. María Pilar Morales e Yolanda Álvarez Andrade, de Servizos Hoteleiros Geriatros Sarquavitae, serán as encargadas de levalo a cabo.

Martes, 23

O martes haberá un novo bloque temático, para falar sobre Residuo cero. O desperdicio alimentario e o seu impacto. Ás 10 da mañá, celebrarase unha ponencia impartida por Ana Mendoza Martínez, do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. Media hora depois, un Taller de cociña para aprender Como minimizar os desperdicios na cociña.

O bloque 4 centrarase na Dieta Atlántica. Ás 11:45 horas, haberá un relatorio para coñecer Que é a dieta atlántica. Inmediatamente depois, o obradoiro de cociña Menú saúdable na dieta atlántica.

A xornada do martes rematará cun último bloque centrado nunha Gastronomía universal, cunha ponencia á unha do mediodía sobre Alérxenos e intolerancias alimentarias, impartido por Rosaura Leis, coordinadora da Unidade de Nutrición Pediátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Media hora despois, último taller de cociña sobre Menú adaptado ás necesidades do cliente.

Comparte...