Valdeorras, A Rúa. 04-11-2010
Nuevas señales de la "Ruta do Viño Valdeorras"
En cada una de ellas figura el nombre de una bodega.
Foto de las senñales en el acceso a A Rúa.

Valdeorras amplía as actividades das Xornadas Portas Abertas coa apertura dun venres de viños e pinchos

A VI edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia, que organiza a Axencia de Turismo de Galicia celébrase na comarca de Valdeorras os días 26, 27 e 28 de maio.

Un total de 7 adegas, tres aloxamentos e dous restaurantes pertencentes á Ruta do Viño valdeorresa participan nestas xornadas nas que a base son as visitas gratuítas ás adegas, prezos especiais nos aloxamentos e menús preparados para esta actividade. A todo isto engadíuselle o transporte de balde para poder visitar as adegas durante toda a fin de semana, mantendo nesta edición dous autobuses que sairán de Lugo e Ponferrada na mañá do domingo.

Este ano haberá 12 rutas repartidas entre o sábado pola mañá e tarde e o domingo á mañá. No programa tamén se inclúe a IV edición da Festa das Portas Abertas o sábado á noite no Paseo do Malecón do Barco. Onde seis adegas e dous restaurantes ofrecerán viños e pinchos a un prezo especial. Entre as novidades está que as actividades empezarán o 26 de maio, co “Venres de Pincha e Cata” onde se poderán degustar viños das sete adegas participantes en dous restaurantes da ruta.

Ademais este ano en dúas rutas farase visita a lugares de relevancia histórico-turística no Barco e na Rúa. A vila do Castro visitarase o sábado en dúas ocasións e o domingo os visitantes de Ponferrada coñecerán A Rúa Vella: o seu pasado romano e o Camiño de Inverno. As reservas para transporte e visitas gratuítas ás adegas están abertas enviando un correo electrónico a : rutadelvinodevaldeorras@gmail.com ou chamando ao 619086326. O mesmo sistema pode utilizarse para reservar no Venres de Pincha e Cata e tamén para os menús especiais e aloxamentos. Os visitantes tamén terán a oportunidade de coñecer as adegas desprazándose pola súa conta a calquera delas dentro dos horarios marcados ás 11:30 horas, 13 horas e 17 horas. E o domingo abrirán para visitas por libre ás 12 horas. O programa completo poden atopalo no blog: somosvaldeorras.blogspot.com

Comparte...