GALIAT 6 +7: A lata, a mellor forma de conserva para os grelos

GALIAT 6 +7: A lata, a mellor forma de conserva para os grelos

O CSIC e a empresa galega A Rosaleira comprobaron que o enlatado é o proceso que mellor mantén nos grelos e berzas os compostos fenólicos, que actúan como antioxidantes, atrasando de forma natural o envellecemento. O experimento, realizado polo Grupo de Brassicas de la Misión Biológica de Galicia-CSIC, levouse a cabo comparando este método de conserva fronte ao conxelado, o envasado en cristal e ao baleiro. Ademais, unha segunda liña de investigación botou datos prometedores sobre o potencial efecto antitumoral desta tipoloxía de verduras. En paralelo estase a estudar tamén a forma de maximizar a través do cultivo o contido en compostos nutricionais en grelos e berzas.

A participación de A Rosaleira en GALIAT 6 +7 enmárcase na filosofía da empresa do Grupo TERRAS GAUDA de elaborar conservas vexetais de alta calidade de forma artesanal, mantendo todas as súas propiedades grazas ao uso dos últimos avances en tecnoloxía e realizando unha importante aposta polo I+D+i.

Comparte...