Resultados de GALIAT 6+7: Beneficios dos produtos gastronómicos da “dieta atlántica”

Resultados de GALIAT 6+7: Beneficios dos produtos gastronómicos da “dieta atlántica”

GALIAT 6 + 7 presentou as conclusións do proxecto sobre dieta atlántica impulsado por empresas e grupos científicos e do ensaio clínico realizado polo Hospital Clínico de Santiago, que, segundo os responsables “demostrou o efecto saudable da dieta atlántica galega, con especial incidencia na diminución do colesterol, do adiposisade e do peso das persoas”

O Proxecto GALIAT 6 +7 fixo públicos os seus resultados, trátase dunha investigación sobre as características da denominada “dieta atlántica galega” no que tomaron parte empresas alimentarias, gastronómicas e vinícolas (Bodegas Terras Gauda, A Rosaleira, Quescrem, Pazo de Rivas, Conservas Friscos, Aceites Olei) e grupos científicos: Misión Biolóxica de Galicia-CSIC (Grupo de Viticultura e Grupo de Brásicas), Instituto de Investigación de Ciencias Mariñas-CSIC (Grupo de Química de Produtos Mariños), Hospital Clínico de SantiagoCHUS e Fundación Ramón Domínguez, Aula de Produtos Lácteos – USC, Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Medicina -USC e Departamento de Química Analítica e Alimentaria da Universidade de Vigo.

No ensaio tomaron parte de entrada 250 familias do concello da Estrada, dividas en dous grupos de 125 familias para contar cun grupo de control. Os do grupo de intervención recibiron durante 6 meses produtos alimentarios das empresas e pautas para a elaboración de menús da “dieta atlántica galega”.

En palabras da dra. Mar Calvo, investigadora principal do Grupo Clínico de GALIAT: “O noso obxectivo principal era avaliar o efecto da intervención sobre o perfil lipídico (diferentes tipos de graxas presentes no sangue). Ao analizar os datos constátase unha diminución significativa do colesterol”.

“Os resultados amosan unha mellora do perfil lipídico, en concreto do colesterol e LDL-colesterol (o colesterol malo). Hai que ter en conta que, ao contrario do resto de estudos de intervención nutricional, tanto en España coma no resto de países, partimos dunha poboación sa. O colesterol medio era de 200 mg/dl aproximadamente e, aínda así, conseguimos unha diminución maior a 5 mg/dl no total da mostra intervida, chegando a 11 mg/dl en mulleres e niños”.

E o peso?. Respecto a este factor, a doutora asevera: “Obtemos resultados nestes pacientes. É un dato importante, xa que na maioría dos estudos de axudas non se consegue unha redución importante do peso corporal. Nós obtemos unha mellora do peso, o adiposisade e dos marcadores bioquímicos relacionados coa graxa corporal, tendo en conta que non se fixo unha restrición calorífica, simplemente instaurouse unha alimentación saudable”.

RESULTADOS GALIAT 6+7

Comparte...