Galiat 6+7 confirma cun ensaio clínico os beneficios da dieta atlántica

Galiat 6+7 confirma cun ensaio clínico os beneficios da dieta atlántica

O estudo completado por 231 familias demostra efectos saudables desta dieta na diminución do colesterol.

Impulsado por 6 empresas, Adegas Terras Gauda, A Rosaleira, Quescrem, Pazo de Rivas, Conservas Friscos, Olei e 7 grupos científicos, o consorcio Galiat 6+7 (Galicia Alimentación Atlántica) presentou as conclusións dun estudo pioneiro de I+D+i sobre a dieta atlántica que demostrou os seus efectos saudables para a diminución do colesterol, a adiposidade e o peso das persoas nun ensaio clínico con máis de 200 familias. O ensaio clínico realizouse no Hospital Clínico de Santiago con familias da Estrada en dous grupos, un de intervención e outro de control. Ao de intervención fornecéronselle durante 6 meses produtos das empresas do consorcio e pautas para a elaboración de menús da dieta atlántica, deseñados pola Escola Belarmino Fernández Iglesias con indicacións nutricionais e de consumo do CHUS. As 125 familias restantes actuaron como control, sen intervención nutricional, pero cos mesmos controis clínicos e analíticos. 213 familias formadas por 656 persoas concluíron o estudo. !Ao analizar os datos constátase unha diminución significativa do colesterol!, destaca a doutora Mar Calvo, investigadora principal do Grupo Clínico de GALIAT para quen o máis significativo é: “a caída do colesterol a expensas do colesterol de LDL (o colesterol malo)!. que demostrou o efecto saudable da Dieta Atlántica Galega, con especial incidencia na diminución do colesterol, da adiposidade e do peso das persoas.

Segundo explican desde Galiat “o obxectivo é recuperar os hábitos de alimentación racionais e coherentes coa contorna, cos produtos autóctonos do mar e da terra, que permitiu que os niveis do colesterol malo (LDL) da poboación sitúense entre os máis baixos de España con elevados niveis do colesterol bo (HDL), pero os cambios no estilo de vida fixeron prevalecer o sobrepeso e obesidade, unha tendencia que hai que corrixir”.

Beneficios e estudos doutros produtos

Galiat 6+7 permitiu tamén avanzar no estudo doutros aspectos destes produtos autóctonos, como a profundización nos compostos que se poden atopar nos hollejos das variedades de uva autóctonas Albariño, Caíño Branco e Treixadura, en colaboración con Adegas Terras Gauda; e Mencía, con Pazo de Rivas, así como levouse a cabo un estudo avaliando a actividade antitumoral e antimetastática de moléculas presentes no Albariño, Caíño Branco, Loureira e Mencía, en especies brásicas (grelos e verzas) e na variedade de oliveira Brava Galega. Tamén profundou no estudo da oliveira galega, realizándose a descrición botánica das variedades autóctonas, que non fora feita até o momento.

Tamén se levaron a cabo estudos para o desenvolvemento de novos produtos con base láctea, pero co engadido das vantaxes saudables do kefir, ou o estudo dos compoñentes bioactivos (Omega 3 e Betaínas) do mexillón de Galicia que revela a destacada concentración de Omega 3 e alto contido de acedos grasos nestes produtos, o que os fai moi beneficiosos para a nosa saúde. Algúns son estudos aínda incipientes pero con conclusións moi interesantes, levadas a cabo por sete grupos científicos: Misión Biolóxica de Galicia-CSIC (Grupo de Viticultura e Grupo de Brásicas), Instituto de Investigación de Ciencias Mariñas-CSIC (Grupo de Química de Produtos Mariños), Hospital Clínico de Santiago-CHUS e Fundación Ramón Domínguez, Aula de Produtos Lácteos -USC, Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Medicina -USC e Dptmto. de Química Analítica e Alimentaria da Universidade de Vigo

Comparte...