Luis Veira. Foto: www.arboredaveira.com

Galicia, 37 soles Repsol e 13 estrelas

A Tafona, Manso y Loxe Mareiro se incorporan a la guía Michelín

Galicia contará cun novo restaurante distinguido con dous soles na Guía Repsol e con dúas novas incorporacións á mesma. Árbore da Veira, o restaurante coruñés de Luís Veira, pasará de un a dous soles na guía española, mentres que se incorpora á mesma, cun sol, o restaurante Nova (Ourense).

Galicia conta na actualidade con 35 soles Repsol (que na ova guía se converterán en 37) repartidos entre 25 restaurantes, despois do peche de Acio en Santiago de Compostela, que tiña dous soles.

O único restaurante galego con tres soles é Casa Solla. Con dous están Alborada, Culler de Pau, D’Berto, Galileo, Maruja Limón, Pepe Vieira, Retiro da Costiña e Yayo Daporta. Finalmente, dispoñen dun sol na guía de 2015 A Estación, A Gabeira, A Taberna, As Garzas, Casa Bóveda, Casa Marcelo, Dos Reis, El Refugio, España, La Taberna de Rotilio, Nito, Pablo Gallego, Pulpería de Melide, Silabario, Toñi Vicente e Árbore da Veira (que en 2016 pasa a dous soles). Como dixemos, na guía 2016 incorpórase Nova con un sol.

Polo que respecta á guía Michelín, que se presenta en Santiago de Compostela o 25 de novembro, prevese que Galicia conserve as doce estrelas actuais e as incremente cunha nova (inda que o total poderían ser 14). Asemade, incorpóranse á guía A Tafona Casa de Xantar, Manso (ambos en Santiago de Compostela) e Loxe Mareiro (Carril).

Comparte...