Galicia Calidade concede o seu selo á empresa coruñesa Sadepor

Galicia Calidade concede o seu selo á empresa coruñesa Sadepor

Galicia Calidade otorgou á empresa cárnica Sadepor o seu certificado de calidade. Este recoñecemento permite á compañía incluir nas súas etiquetas o selo para os seus produtos de carne de porco criado en Galicia e para o seu chourizo, elaborado a partir de carnes de porcos criados na comunidade autónoma . O selo, con validez para o próximos tres anos, permitirá a Sadepor incluír o distintivo tanto no etiquedado dos seus produtos como nas diferentes accións promocionais que realicen durante este período de tempo.

Sadepor conta con 54 traballadores e no ano 2014 superou os 14,5 millóns de euros de facturación. Coa súa incorporación, a marca de garantía aumenta a 72 produtores cunha forte presenza no sector alimentario.

Comparte...