Galicia Calidade en ruta, roadshow ata o 20 de decembro

Galicia Calidade en ruta, roadshow ata o 20 de decembro

¿Queres participar nunha destas actividades na túa cidade?
Inserta un comentario neste post indicando qué é para ti Galicia Calidade e poderás recibir unha invitación ademais de participar no sorteo dunha fin de semana nun establecemento amparado por Galicia Calidade.
Comproba que no formulario do comentario deixas o teu correo electrónico correcto para poder comunicarnos contigo.

A campaña Galicia Calidade en ruta promoverá os produtos certificados por este selo de garantía de calidade entre profesionais e consumidores mediante exhibicións con reputados chefs e sumilleres da gastronomía galega nas sete grandes cidades galegas.

A campaña desenvolverase do 28 de novembro ao 20 de decembro e consistirá nun roadshow no interior dun camión adaptado, que percorrerá as cidades de Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra, Lugo, Vigo, Ferrol e A Coruña, e no que se realizarán diversos showcookings, catas de viños e degustacións de produtos amparados por Galicia Calidade.

Nas sete cidades galegas desenvolveranse dúas accións diferentes. A primeira delas, denominada “Esencial“, consiste nunha degustación de “bocados Galicia Calidade“, elaborados polos chefs Marián Rodríguez e Iván Méndez e que ofrecerá unha ampla mostra da versatilidade e excelencia dos produtos. A segunda, denominada “De viños Galicia Calidade”, consiste nunha maridaxe dos viños amparados por este selo con outros produtos como os xamóns, embutidos ou queixos, baixo a dirección de prestixiosos sumilleres como Xoán Cannas.

Nas cidades de Santiago, Vigo e A Coruña tamén se realizarán dúas accións máis en cada unha delas, con especial atención aos almorzos e ás conservas. Así, o “Almorzo Galicia Calidade” ofrecerá a combinación dun almorzo de calidade con café, leite, froitas, doces e outros produtos, baixo a  dirección do coñecido barista Óscar de Toro. A mostra “A Lata de Galicia Calidade” pretende destacar o valor e a versatilidade das conservas amparadas por este selo e o seu desenvolvemento en receitas gastronómicas.

Calendario

Santiago de Compostela, 28 e 29 de novembro

Ourense, 2 de decembro

Pontevedra, 6 de decembro

Lugo, 9 de decembro

Vigo, 12 e 13 de decembro

Ferrol, 16 de decembro

A Coruña, 19 e 20 de decembro.

Galicia-calidade-2

Comparte...