Galicia Calidade incorpora dos menús a Bendita Cocina

Galicia Calidade incorpora dous menús á oferta a domicilio de Bendita Cocina

¿Queres ofrecer una destas ceas, de balde, aos amigos na túa casa?

Inserta un comentario neste post indicando qué é para ti Galicia Calidade e participarás no sorteo de dúas ceas, por cortesía de Galicia Calidade.

Comproba que no formulario do comentario deixas o teu correo electrónico correcto para poder comunicarnos contigo.

Dende vinte e cinco ata preto de douscentos euros por persoa pode gozar na súa casa do menú cociñado na súa propia cociña por un chef profesional a través da empresa galega Bendita Cocina, que ofrece os seus servizos por toda España.

A empresa dispón de cociñeiros en Galicia, Baleares, Madrid, Andalucía, País Vasco, Valencia e Cataluña, que ofrecen os seus propios menús. Pero tamén hai os menús da casa dispoñibles en toda España e agora a novidades dos menús Galicia Calidade, igualmente dispoñibles en calquera lugar de España. Galicia Calidade ofrece a través de Bendita Cocina un menú tradicional e outro de nova cociña, ambos ao prezo de trinta euros por persoa e elaborados polo chef Iván Méndez, que tamén é o responsable dos menús da casa.

O servizo está aberto a todo o mundo sen requisitos de ningún tipo. Non é preciso dispoñer na casa dunha gran cociña nin das tecnoloxías máis modernas porque o cociñeiro adaptase ao que hai e leva consigo o que lle falte.

O proxecto recupera unha vella tradición galega, moi habitual no medio rural, en que as familias máis podentes contrataban cociñeiras para que preparasen a domicilio o menú das grandes festas, de maneira moi especial nas festas patronais e nas vodas das fillas, que se celebraban na propia casa.

Galicia Calidade agasallará aos lectores de BenBo con dúas ceas elaboradas polo chef de Bendita Cocina, unha tradicional e outra innovadora. Ambas ceas serán para un máximo de seis comensais e deberán realizarse en Galicia. Para participar no sorteo será necesario deixar un comentario neste artigo, indicando qué opinas sobre Galicia Calidade e de esta iniciativa. As ceas deberán ter lugar en Galicia. O sorteo terá lugar o 10 de maio e non poderán coincidir os dous premios na mesma persoa.

Comparte...