Cita en Madrid con Galicia Calidade, os viños do Ribeiro e Pepe Solla

Cita en Madrid con Galicia Calidade, os viños do Ribeiro e Pepe Solla

Nas xornadas Volvoreta Experiencie tamén estarán Pablo García, Cristina Alcalá e Miguel Ángel Lasheras

Os viños da D.O. Ribeiro serán o eixo vinícola de cea harmonías organizada para a noite do xoves, 17 de setembro no Hotel Eurostars Madrid Tower, na segunda edición das xornadas gastronómicas Volvoreta Experiences.

A xornada consistirá nun serán onde o rebuldeiro chef Pepe Solla, xunto co chef executivo de Eurostars Madrid Tower, Miguel Ángel Lasheras e o chef gastronómico do restaurante Volvoreta, Pablo García elaborarán un menú con produtos de Galicia Calidade onde a catadora Cristina Alcalá presentará os viños da D.O. Ribeiro.

En concreto, as marcas participantes nesta xornada son Alberte, Antonio Montero Autor, A Telleira, Casal de Armán, Colección 68, Cunqueiro III Milenium, Finca Viñoa, Gran Alanís, Pazo Casanova, Val de Souto e Vilerma, todos da colleita 2014.

O evento auspiciado por Galicia Calidade tamén contará co viño tostado, da man do chef que propón unha crema de castañas ao Tostado de Costeira 2009 acompañando o porco leitón.

Comparte...