Galicia en catas

Galicia en catas: queixos, meles, viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia

Do 10 ao 12 de xullo o Hostal dos Reis Católicos acollerá un túnel de viños e espirituosos galegos, catas comentadas e un espazo dedicado aos queixos e meles galegos, nunhas xornadas organizadas pola Consellería de Medio Rural e do Mar baixo o nome de “Galicia en catas: queixos, meles, viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia”.

No túnel do viño cada visitante, coa súa copa na man, percorrerá a exposición dos viños presentes e servirase libremente a cantidade apropiada para a súa cata. Presentaranse ata 200 viños diferentes, colocados en cinco grandes grupos: brancos, tintos, elaboracións especiais (escumosos, tostados, ecolóxicos…), licores-augardentes e marcas premiadas cos Acios e/ou Potes nas Catas de Galicia 2014.

Por outra parte, haberá un espazo destinado á celebración de catas comentadas, presentacións das denominacións de orixe e actividades de promoción de produtos con indicativos de calidade. A participación é libre, previa reserva, ata completar o aforo de 24 persoas por actividade. Cada día haberá ata sete sesións, orientadas principalmente o venres e sábado ao público final e o xoves aos profesionais

Por último, a terceira experiencia de calidade organizada pola Xunta consiste nun espazo expositivo que permita coñecer os queixos con Denominación de Orixe Protexida e os meles de Galicia, que resultaron premiados na última edición das Catas de Galicia.

As entradas estarán á venda no Hostal dos Reis Católicos do 10 10 12 de xullo.

Cartel de Galicia en Catas

Cartel de Galicia en Catas

Comparte...