A gastronomía de Galicia foi a gran protagonista dos Premios da OMT en Fitur

A gastronomía de Galicia foi a gran protagonista dos Premios da OMT en Fitur

A gastronomía de Galicia foi a gran protagonista dos Premios da Organización Mundial de Turismo (OMT), celebrados no marco da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur

A cerimonia celebrouse o mércores, 20 de xaneiro, e a cena de gala foi dirixida polo prestixioso chef galego Estrella Michelin Pepe Solla en colaboración cos alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG).

Na velada participaron importantes axentes e representantes turísticos de todo o mundo converténdose nun escaparate único para a promoción internacional dunha das principais fortalezas de Galicia como destino: a gastronomía.

Durante o acto, a directora de Turismo de Galica, Nava Castro, destacou que “a gastronomía é unha parte fundamental do destino Galicia” ao constituír a segunda motivación pola que os turistas elixen a comunidade galega.

A responsable de Turismo da Xunta sinalou que a gran variedade de materias primas e “excelente xeración de xefes de cociña” permitiron que a gastronomía de Galicia se distinga en todo o mundo pola súa calidade e autencidade.

O Centro Superior de Hostalería de Galicia

O CSHG é un centro de referencia internacional que conta con máis de 2.000 profesionais graduados. Estes desenvolven actividades formativas e labores de consultaría e exportación do seu modelo formativo.

Os profesionais que saíron do centro nos seus máis de 20 anos de funcionamento desenvolven o seu labor profesional en máis de 60 países do mundo, acadando cada ano unha inserción laboral superior ao 85% no ano seguinte de rematar os estudos.

Comparte...