El Galician Cinema & Food Festival leva as estrelas da gastronomía galega a Nova York

El Galician Cinema & Food Festival leva as estrelas da gastronomía galega a Nova York

A segunda edición do Galician Cinema & Food Festival (GC&FF) congregou a máis de 700 persoas na sede do Instituto Cervantes en Nova York

Esta cita, celebrada durante catro días, do 20 ao 23 de xuño, busca ser o “maior evento de promoción de Galicia en Estados Unidos en 2016”. Elena Pérez Canal, responsable de Aceites Abril en Estados Unidos, está segura de que “moitos dos distribuidores dirixirán as súas vacacións a Galicia e notaremos crecemento nas exportacións do noso produto”. Ademais, lembra que “o 70% dos restaurantes españois de NY son propiedade de galegos”.

No apartado gastronómico, co apoio de Aceites Abril, a estrela foi Álvaro Villasante do Grupo Nove. Esta iniciativa fixo posible desenvolver catas de produto e exposicións para degustar os principais pratos da cociña galega: polbo á feira ou tartar de sepia. Os asistentes ao peche do festival tamén puideron gozar dos viños de Viña Costeira e Bodegas Galegas, que ofreceron os seus produtos en casetas directamente ao público.

Por outra banda, puidéronse visualizar as películas finalistas e a gañadora dos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, onde estivo presente o director desta última, Jorge Coira.

Entre os asistentes contábanse profesionais do cinema e a restauración, pero tamén científicos, publicistas, deseñadores, empresarios, banqueiros, artistas, políticos… tanto público español como americano.


Fotografías: Irene Varandela

Comparte...