Galician Gourmet Extravaganza chega a Berlín o próximo 27 de xuño

Galician Gourmet Extravaganza chega a Berlín o próximo 27 de xuño

O tour internacional de Galician Gourmet Extravaganza (GGE) chega a Berlín o próximo 27 de xuño

Este tour converteuse na primeira plataforma de economía colaborativa da exportación galega. Tras o éxito de pasadas edicións, a próxima cita terá lugar nos salóns do Hotel Meliá de Berlín. Dará comezo o luns 27 de xuño, cun calendario de actividades paralelas para prensa e público que se prolongarán ata o 2 de xullo.

O obxectivo de Galician Gourmet Extravaganza é compartir gratuitamente os contactos dos miles de potenciais compradores internacionais con todas as empresas galegas participantes. A proposta, á parte da exposición de produtos para profesionais, inclúe un menú de alta cociña ideado polos chefs lucenses Santi Almuiña e Diego López; unha cata profesional a cargo do catador Luís Paadín, e a degustación de tapas delicatessen do vigués Benigno Couso.

Está previsto que acudan á cita máis de 150 produtores galegos, e están convidadas 5.000 empresas distribuidoras de alimentación e bebidas alemás e polacas, de entre as que se espera unha alta participación. O propio Hotel Meliá Berlín, ademais, está a colaborar co grupo de comunicación Tagesspiegel de Berlín, que incluirá varios artigos sobre Galicia nas súas seccións de gastronomía e viaxes nos días previos ao encontro.

Comparte...