Galician Gourmet Extravaganza namora Berlín

Galician Gourmet Extravaganza namora Berlín

O tour internacional de promoción da gastronomía galega Galician Gourmet Extravaganza presentou en Berlín máis de 750 produtos gourmet de 100 empresas galegas

Xamóns, carnes, embutidos, patés, conservas, galletas, viños das cinco denominacións de orixe galegas, cervexas, licores, cafés, queixos e moitos outros produtos fascinaron a case medio milleiro de profesionais alemáns. Entre eles, algúns dos máis importantes importadores e distribuidores do país.

O embaixador de España en Alemaña, Pablo García-Berdoy Cerdeira, inaugurou a feira afirmando que “coa calidade destes produtos, o éxito está asegurado. Agora Berlín ama Galicia”. Destacou a creatividade de produtos como: chourizo de cabaza, marmelada de pemento de Padrón, crema de castañas con boletus, paté ibérico con frambuesas e turrón de Albariño”.

Ademais de todas estas delicatessen, a feira presentou tapas creadas exclusivamente para o evento polo chef vigués Benigno Couso. Mexillóns en terra de chocolate, fabas verdinas de Lourenzá con polbo ou aguachile de carafio foron algúns dos sabores estrela.

A cita uniu a produtores e chefs galegos co obxectivo de internacionalizar a Marca Galicia. Os chefs lucenses Santi Almuiña e Diego López deseñaron un menú degustación para os invitados, situando a nova cociña galega como líder da innovación culinaria.

A próxima parada de Galician Goumet Extravaganza será Londres, despois virán Zúric, París, Dusseldorf ou Nova Iorque.

Comparte...