Galician Gourmet Extravaganza presentará os produtos delicatessen máis exclusivos no rañaceos máis alto de Austria

Galician Gourmet Extravaganza presentará os produtos delicatessen máis exclusivos no rañaceos máis alto de Austria

O martes 4 de abril inaugurarase oficialmente a feira degustación Galician Gourmet Extravaganza en Viena, máis concretamente na torre más alta da cidade australiana, de 58 plantas, moi preto das oficinas de Nacións Unidas. O embaixador de España en Alemaña, Alberto Carnero Fernández, inaugurará oficialmente a feira degustación.

A organización do evento sinala que ‘Galicia evoluciona. E se reinventa. A nova gastronomía galega volveuse cosmopolita e sofisticada, pero sen renunciar á súa esencia’. A feira chega a Viena tras o extraordinario resultado colleitado nas pasadas edicións nas cidades de Londres, Bruxelas, Berlín e Zürich.

O reto da Galician Gourmet Extravaganza é obter recoñecemento internacional, pero para conseguilo precísase unidade de acción. Produtores e chefs crearon unha fronte común para internacionalizar a excelente materia prima e a innovadora cociña de autor da marca Galicia. “A promoción internacional colectiva permítenos conseguir resultados máis eficientes” sosteñen os participantes. “A internacionalización permite ás empresas aumentar o seu tamaño, crear máis valor para as súas marcas e mellorar a súa competitividade” di Dositeo Cela, coordinador de GGE.

O obxectivo deste evento gastronómico é conseguir que as empresas galegas inicien ou aumenten as súas exportacións e colocar a gastronomía galega no lugar que se merece. A organización premiará os profesionais invitados cun menú degustación de alta cociña galega ideado polos chefs galegos: Rafael Centeno, Santi Almuiña y Antonio Lorenzo; unha cata profesional a cargo do sumiller Luís Paadín e unha degustación de tapas delicatessen do chef vigués Benigno Couso. O tour Galician Gourmet Extravaganza, auspiciado pola Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica convertiuse no buque insignia da gastronomía galega. A próxima edición celebrarase en Shanghai (China) o próximo 15 de xuño de 2017.

Comparte...