AS DISTINCIÓNS GALLAECIA 2012 RECOÑOCERON A 19 DESTILADOS

AS DISTINCIÓNS GALLAECIA 2012 RECOÑOCERON A 19 DESTILADOS

Un total de 19 destilados foron recoñecidos nas Distincións Gallaecia 2012 outorgadas pola Asociación de Sumilleres de Galicia, nun acto realizado na cidade de Pontevedra. Un panel de expertos desta asociación foi o encargado de cualificar estes produtos nunha cata cega na que tomaron parte 61 aspirantes, entre eles obtiveron o galardón aqueles que conseguiron unha puntuación igual ou superior aos 90 puntos.

Todos os produtos avaliados están amparados polo Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e foron cualificados como produtos equilibrados e suaves en boca, doados de consumir.

Na categoría de Augardentes distinguíronse: Abadía da Cova (Adegas Moure), Bouza Do Rei (Bodegas Bouza Do Rei), Fillaboa (Bodegas Fillaboa), Pazo de Señoráns (Pazo de Señoráns), Porta Do Miño (Bodegas Terras Gauda), Quinta Couselo (Quinta Couselo), Terras de Lantaño (Viña Cartín) e Valmiñor (Adegas Valmiñor); en Augardentes Envellecidas recoñeceuse a Fillaboa (Bodegas Fillaboa), Martín Codax (Bodegas Martín Codax) e máis a Quinta Couselo (Quinta Couselo); en Augardente de Herbas, a Felipe Saavedra (Nor-Ibérica); entre os Licores de Herbas distinguiuse a Bouza Do Rei (Bouza Do Rei), Mosteiro de Xagoaza (Bodegas Godeval), Valdamor (Valdamor) e Viña Blanca del Salnés (Viña Blanca del Salnes); por último, en Licor Café, sobresaíron Bouza Do Rei (Bouza Do Rei), Quenza (Vitigal) e Valdamor ( Valdamor)

Comparte...