Gallaecia entrega os Distinguidos Gallaecia 2015

Gallaecia entrega os Distinguidos Gallaecia 2015

Lugo foi a cidade escollida pola Asociación de Sumilleres Gallaecia para facer a entrega dos diplomas dos viños e destilados que os acreditan como Distinguidos Gallaecia 2015, un concurso oficialmente recoñecido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que nesta edición bateu records de participación cun total 593 mostras.

A xornada tamén serviu para a celebración do 18º aniversario da Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia e para facer a Francisco del Castillo como Socio de Honra. No acto participaron máis de 50 catadores e adegueiros que puideron tamén gozar dunha master class impartida por el propio homenajeado, Francisco del Castillo, Máster en Viticultura e Enoloxía pola U. Politécnica de Madrid, enólogo e Experto Docente do INEM en Análise Sensorial.

Comparte...