O galego Eduardo Camiña, segundo no 24ª Campionato de España de Sumilleres

O galego Eduardo Camiña, segundo no 24ª Campionato de España de Sumilleres

Eduardo Camiña Ucha, membro da Asociación Galega de Sumilleres (AGASU) obtivo o segundo posto na edición número 24 do Campionato de España de Sumilleres ‘Tierra de Sabor’, que se celebrou no Salón de Gourmets de Madrid.

O sumiller xa fora recoñecido como un dos dez mellores de España nas edicións do 2016 e 2017, e nesta ocasión conseguiu escalar postos e situarse en segundo lugar. Actualmente Eduardo Camiña traballa como sumiller en Mugaritz (restaurante que conta con dúas estrelas Michelin), pero na súa traxectoria participou no equipo dalgúns dos restaurantes máis prestixiosos da nosa comunidade como Casa Solla ou Culler de Pau.

Na competición, celebrada os pasados 9 e 10 de maio no Salón de Gourmets, participaron 51 profesionais do sector, provintes de distintos lugares de España. Finalmente, o primeiro posto levouno o sumiller vasco Jon Andoni Rementeria.

O Campionato de España de Sumilleres é unha competición que ten por obxectivo promover a arte da sumillería pero tamén seleccionar ó candidato que irá ó próximo Campionato Mundial.

Comparte...