Galletas salgadas cos sabores típicos da gastronomía galega

Galletas salgadas cos sabores típicos da gastronomía galega

A gastronomía galega é mundialmente recoñecida polas súas marabillosas e únicas materias primas, como os pementos de Padrón, os mexillóns das rías, o queixo de Tetilla, etc..

Biscuits Galicia, empresa galega fabricante de galletas e pastas artesás, lanzou unha nueva gama de produtos totalmente innovadores no seu sector: galletas salgadas con sabores galegos. Estas galletas presentan os manxares típicos da gastronomía galega en formato de galleta para o aperitivo. Catro sorprendentes variedades: Galletas con sabor a pementos, que non pican; Galletas de queixo cremoso; Galletas con sabor a lacón, sen grelos; Galletas con sabor a mexillóns en escabeche.

Crocantes, envasadas individualmente e cun envoltorio atractivo e divertido, son perfectas para tomar como tapa cun viño, cervexa ou refresco.

“Queremos sorprender co seu sabor, olor e textura os consumidores, que poidan degustar os sabores tan típicos da nosa terra nunha deliciosa galleta”, explica Pablo Troncoso, xerente da empresa, e continua dicindo que “esta nova gama de produtos Biscuits Galicia mantén o compromiso de calidade  da empresa, sendo aptas para vexetarianos, sen graxas hidroxenadas nin aceite de palma”.

Desde o seu lanzamento ao mercado, estas galletas salgadas tiveron unha grande aceptación no mercado hosteleiro, puidéndose atopar xa en varias cafeterías, taperías e restaurantes. Segundo explican desde a empresa, os consumidores que as probaron quedaron gratamente sorprendidos. Desde Biscuits Galicia afirman que se trata ‘dunha  nova forma de comer as nosas tapas de sempre’.

Comparte...