Galo Celta comeza a vender os seus produtos no Clube Gourmet de El Corte Inglés

Galo Celta comeza a vender os seus produtos no Clube Gourmet de El Corte Inglés

Coincidindo con a campaña de Nadal, a empresa de Vila de Cruces, Galo Celta, acaba de comezar a comercialización dos seus produtos en exclusiva para o Club do Gourmet de El Corte Inglés, especialmente coas súas novas liñas de produtos coa Pularda Celta, de raza Mos asada e o caldo de galiña como produtos estrelas, productos e empresa dos que xa falamos na nosa revista Benbo.

Para esta campaña de Nadal 2015, poranse a a venda unha cantidade exclusiva, limitada e numerada de 400 unidades de esta Pularda Celta. Nesta mesma campaña de nadal tamén se lanza o caldo de galiña celta, en envases de medio litro e elaborado baixo unha receita ancestral das aldeas galegas recuperada por o chef Iván Domínguez.

Estas novidades complementaranse durante todo o ano con a oferta de ovos de galiña celta 100% raza autóctona alimentadas con fariña de castañas, producidos nas leiras da empresa e envasados nas súas instalacións.

Comparte...