Casiano Méndez, gañador do III Concurso de Polbeiros e Polbeiras de Lugo

Casiano Méndez, gañador do III Concurso de Polbeiros e Polbeiras de Lugo

Casino Méndez, de Pulpería Asador Á Feira de Ourense, conseguiu o primeiro premio no III Concurso de Polbeiras e Polbeiros de Lugo, que tivo lugar esta tarde na praza de abastos de Lugo. O Concello de Lugo, promotor da iniciativa, xunto con Aceites Abril, outorgará un galardón de 1.000 euros a este profesional. O segundo posto foi para Vanesa González de Oito Catering de O Carballiño, que recibirá un aloxamento dunha noite para dúas persoas no Balneario de Lugo.

Ademais do gañador e do finalista, participou tamén no concurso Alejandra Salinas de Pontevedra (Pulpería Alejandra Salinas), que levará un lote de produtos do Mercado Municipal e un diploma acreditativo.

O xurado, composto por 5 destacados membros da prensa gastronómica, a hostalería local e representantes no ámbito da formación do sector, seleccionaron o polbo á feira de Casiano Méndez polo seu sabor, textura e punto de cocción.

A terceira edición do certame de Polbeiros e Polbeiras de Lugo enmárcase na programación das festas de San Froilán 2016, que conta cun amplo abanico de actividades nas que o polbo será un dos grandes protagonistas.

Comparte...