Contratos para garantir a supervivencia da apicultura galega

Contratos para garantir a supervivencia da apicultura galega

A Agrupación Apícola de Galicia promove unha serie de contratos para facilitar a viabilidade das explotacións de apicultura e permitir que o sector sexa rentable e se poida vivir del. A empresa Mieles Anta, S.L., a maior produtora e envasadora de mel da comunidade, foi a primeira en firmar estes contratos cos apicultores galegos os que lles garante a compra da súa produción de mel e permite á empresa a comercialización e a apertura de novos mercados para este alimento que cada vez está tendo máis demanda a nivel mundial.

O documento xa foi rubricado por máis dunha vintena de apicultores de Lugo e Ourense que cumpren cos requisitos e agárdase que unan moitos máis. A través dos contratos, fíxanse e garántese un prezo tanto do mel como de polen ou propóleos cunha duración que oscila entre os 3 e os 5 anos, a escoller polo vendedor.

Os produtores deben cumprir uns requisitos de calidade, por iso só se aceptarán aos apicultores que se atopen ao amparo da denominación de calidade IGP Mel de Galicia. A comercialización implica un mínimo por colmea de 15 kilos por colmea, permitindo que o resto da produción o destinen segundo consideren oportuno. Trátase do primeiro contrato deste tipo que se establece para os produtos apícolas constituíndo unha clara manifestación da importancia do sector apícola en Galicia.

O precio asegurado é de 3,85 euros más IVE o kilogramo —á espera de fixar cláusulas para meles monoflorais. Outro dos produtos apícolas en alza é o polen, xa que esta produción pasou de ser anecdótica a ter valor comercial. Co obxectivo de incrementar a produción, proporciónase os apicultores asesoramento de como facelo e, se é preciso, as infraestructuras necesarias. Trátase do segundo produto apícola en importancia e cada vez é máis demando polos consumidores polas súas propiedades nutritivas. Os contratos foron promovidos pola Agrupación Apícola de Galicia, co aval da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e supón unha aposta clara de desenvolvemento no rural galego en xeral e o sector apícola en concreto, nun mercado en constante crecemento e altamente valorado.

Comparte...