Novidades en Adegas Gargalo

Novidades en Adegas Gargalo

Adegas Gargalo mellora en comunicación e en compromiso coa calidade dos viñedos.

A editorial alemá Gestalten ,unha das máis prestixiosas e especialista en deseño gráfico, fotografía, tipografía, arquitectura, arte,… seleccionou o seu logotipo como “unha das mellores identidades tipográficas”

A empresa quere compartir o premio co estudo de Deseño Gráfico Solo de Barcelona que, ademais do deseño da identidade corporativa, realizou o deseño de todo o packaging dos viños, os seus envases e toda a comunicación.

Por outra banda, Bodegas Gargalo estableceu coa Universidade de Santiago de Compostela un acordo de colaboración dentro do proxecto “Modelización das necesidades hídricas do viñedo. Avaliación dos sistemas de rego e os seus efectos sobre o mercado”

O acordo de colaboración iniciouse a pasada vendima e finalizará a finais do 2014.

Os obxectivos deste proxecto consisten en:

  • Avaliar a eficacia, eficiencia e adecuación dos sistemas de rego (aéreo e superficial) establecidos no viñedo
  • Avaliación das necesidades hídricas segundo os requirimentos de cada estado fenólico na variedade Godello
  • Determinación do estado hídrico en planta na DO e análise dos parámetros edafo-climáticos

Adegas Gargalo é a única adega da DO Monterrei que participa no proxecto e os traballos que realizarán os investigadores da USC poden contribuír á mellora do produto final.

Comparte...