A gastronomía de Lugo, de Vuelta a España

A gastronomía de Lugo, de Vuelta a España

Os produtos gastronómicos e os recursos turísticos de Lugo promóvense dentro da Volta Ciclista a España coa súa marca …E para Comer, Lugo

A Volta Ciclista a España conta, por cuarto ano consecutivo, coa presenza dos produtos gastronómicos e turísticos da provincia de Lugo, agrupados baixo a súa marca …E para Comer, Lugo que forma parte da caravana promocional.

Dende a súa saída en Málaga e durante as 21 etapas da proba, o posto de… E para comer, Lugo está situado nas zonas VIP da saída. Ciclistas, curiosos e personalidades das distintas zonas visitadas achéganse ata o posto onde se poden encontrar catas, recursos promocionais e aperitivos elaborados con produtos autóctonos como viños, queixos, carnes… doados por por consellos reguladores, indicacións xeográficas protexidas e empresas.

En concreto, os organismos e empresas presentes son: DO Ribeira Sacra, IXP Ternera Gallega, DOP Queixo Arzúa-Ulloa, DOP Queixo San Simón da Costa, DOP Queixo do Cebreiro, IXP Pataca de Galicia, IXP Castaña de Galicia, IXP Grelos de Galicia, IXP Pemento de Mougán, DOP Lacón Gallego, IXP Mel de Galicia e Agricultura Ecolóxica de Galicia, e polas asociacións de produtores Asoporcel, Avimós, Asovega, Fabas de Lourenzá, Armadores de Burela e Galletas Artesanas Daveiga.

A Asociación Provincial de Hostalaría de Lugo APEHL conta co apoio da Deputación Provincial para esta proposta promocional.

Comparte...