Los cocineros del Grupo Nove con Nava Castro en san Sebastián

A gastronomía, embaixadora galega en San Sebastián

Turismo de Galicia e o Grupo Nove trasladaron a San Sebastián a gastronomía de Galicia nun showcooking celebrado no Museo San Telmo da cidade vasca para promover a alta cociña galega.

O evento contou coa participación de vinte e dous dos xefes de cociña máis destacados de Galicia que mostraron nunha das principais mecas da gastronomía, o talento e a creatividade innovadora da cociña galega.

No acto, no que participou a directora Turismo de Galicia, Nava Castro, estiveron presentes profesionais da cociña, personalidades do ámbito empresarial vinculado coa gastronomía e a alimentación, e representantes da cultura e da política.

En total máis de 250 asistentes puideron gozar das sesións de cociña en vivo protagonizadas polo Grupo Nove e aderezadas coa proxección de imaxes, nunha festa de exaltación da cociña de autor, da gastronomía e dos produtos galegos.

No acto a responsable de Turismo da Xunta sinalou que a gastronomía galega está no seu mellor momento e resaltou os máis de 20 produtos con distintivo de calidade que avalan os produtos galegos, as 12 Estrellas Michelin, os 37 Soles Repsol e as 59 Q de Calidade, que certifican a excelencia e calidade dos cociñeiros e restaurantes de Galicia.

O showcooking celebrado enmarcase no convenio de colaboración asinado por Turismo de Galicia e o Grupo Nove para continuar coa promoción conxunta da gastronomía de Galicia.

As creacións elaboradas no showcooking foron as seguintes:

Miguel Ángel Campos: millo e parrochiñas lañadas con boletus edulis

Alberto González Prelcic: nun caldo de verduras á grella, fabas de Lourenzá, carbón vexetal e lamprea afumada

Iñaki Bretal: verduras, mar, bonito

Roberto Filgueira: berberecho, touciñoc e grelo de Boqueixón

Pepe Solla: navalla en agridoce de pimentón

Héctor López: bonito, tomate e pementos de Mougán

Leonor García: brandada de bacallao con allada e picatostes de millo con sementes de mapoula, sésamo e pensamentos

Javier González: polboo, crocante e ñora

Yayo Daporta: mexillóns en vinagreta, algas e tallarines mariños

Eduardo Pardo: rape cappuccino

Javier Rodríguez Ponte “Taky”: bombón de bagazo, crema de Cebreiro, castaña e café

Rafael Centeno Moyer: costela de porco a modo cocido

Pablo Romero: xurel, wakame e sésamo

Antonio Botana: cefalópodos en guiso con pan e encurtidos

Javier Olleros: bonito e salazóns

Álvaro Villasante: pito campeiro con escabeche mormo de cogomelos (eco)

Iván Domínguez: nigiri de pescada de Celeiro lañada e croqueta en salsa verde

Nacho Tierno: escabeche de mexillón e crestas de galo

Tapa de Yayo Daporta

Tapa de Yayo Daporta

Comparte...