GastroVigo, unha ruta gastronómica por restaurantes da cidade olívica

GastroVigo, unha ruta gastronómica por restaurantes da cidade olívica

Entre o 6 e o 16 de abril será posible gozar, en Vigo, da mellor gastronomía con propostas de ata 25 euros. Mahou, en colaboración coa Federación Provincial de Empresarios de Hostelería (FEPROHOS) e Bib Gourmand Michelin, pon en marcha GastroVigo, unha ruta gastronómica por algúns dos mellores restaurantes da cidade.

En total, son 22 establecementos diferentes os que participan nesta primeira edición de GastroVigo. Durante dez días ofrecerán unha selección de pratos e menús degustación que recollen o mellor da gastronomía galega e todo por un prezo que non supera, en ningún caso, os 25 euros por comensal.  Nesta iniciativa de Mahou atopamos propostas para todos os gustos, algunhas máis innovadoras e outras máis tradicionais, pero todas teñen en común unha coidada selección da materia prima e a garantía de calidade que supón contar con algúns dos mellores chefs de Galicia.

Na lista de restaurantes de GastroVigo figuran establecementos de diferentes barrios da cidade, que porán a disposición dos seus clientes Menús Cinco Estrellas, buscando a maridaxe co sabor característico das distintas cervexas de Mahou. A través desta iniciativa, Mahou reforza a súa colaboración coa hostalería viguesa, apostando polo talento e a creatividade dos cociñeiros da cidade. Coa posta en marcha de GastroVigo, Mahou complementa ademais a oferta dos establecementos participantes coa intención de dinamizar a gastronomía e o lecer de Vigo. Os restaurantes que participan en GastroVigo son os seguintes:

• Lume de Carozo (Rúa Joaquín Yáñez, 15)

• La Exscama (Rúa Rosalía de Castro, 32)

• Carboente (Praza de Compostela, 19)

• Marsala & Bambú (Rúa do Canceleiro, 11)

• La Ventana Indiscreta (Rúa Teófilo Llorente, 16)

• María Manuela (Praza de Compostela, 33)

• La Pintxoteca Mar (Rúa Sombrereiros, 2)

• La Carpintería (Rúa Alfolíes, 19)

• Patouro (Praza de M. Diego Santos, 3)

• La Consentida (Rúa Real, 10)

• Detapaencepa (Rúa do Ecuador, 18)

• Bocarte Fusión Atlántica (Avda. da Atlántida, 106)

• Atlántico (Rúa de Fátima, 2)

• Cormorán (Rúa de Bolivia, 13)

• Albatros (Muelle de Trasatlánticos s/n – Estación Marítima)

• A Favela (Rúa do Canceleiro, 5)

• O’Garfo (Rúa Eduardo Cabello, 25)

• El Mosquito (Praza da Pedra, 4)

• Casa Obdulia (Avda. Galicia, 140)

• Barrabasada (Ronda de Don Bosco, 41)

• Hierba Luisa (Rúa Serafín Avendaño, 15)

• Ruxe Ruxe (Rúa México, 10).

Comparte...