Gastroway: os sabores do Camiño de Santiago en Fairway

 

O terceiro Forum do Camiño de Santiago ven cargado de novidades e, entre elas, destaca o Gastroway. Todo aquel que se achegue ao Pazo de Congresos o domingo 10 de febreiro poderá degustar elaboracións típicas de diferentes puntos dos percorridos  xacobeas.

Taller de cociña infantil con Alberto Lareo

Os máis pequenos da casa serán os protagonistas do Gastroway grazas ó chef do restaurante Manso, que dirixirá un Obradoiro de cociña para nenos entre 5 e 12 anos, tamén enfocando as elaboracións ós sabores do Camiño de Santiago. No Obradoiro, serán eles os que toquen, amasen e cociñen os produtos baixo as ordes de Alberto Lareo. O restaurante é o primeiro que se atopa ao chegar ao casco urbano dende a Ruta Portuguesa, e está recomendado nas guías Repsol e Michelín.

Trátase dun taller de inscrición gratuíta que comezará ás 12:30 horas do mesmo día 10, e terá unha duración de 1h. Para inscribirse haberá que presentarse no mostrador do Pazo de Congresos a partir das 10:00 horas, e as prazas están limitadas a 20 participantes.

Gastroway, os sabores do Camiño.

Pero non só os pequenos poderán desfrutar dos manxares do Camiño, senon que, a partir das 13:30 horas, abrirá as súas portas o Gastroway, un espazo gastronómico onde os visitantes gozarán dunha ruta de tapas.

As recetas máis aclamadas dos percorridos xacobeos estarán dispoñibles por tan só 2€ a tapa. Os interesados atoparán, entre outros, a fabada asturiana e o marmitako do Camiño do Norte; as patacas á Riojana e o cordeiro ó chilindrón do Camiño Francés; as migas extremeñas ou sopa de allo da Vía da Prata; as pataniscas de bacalhau ou o frango grelhado do Camiño Portugués; e a empanada ou a tarta de Santiago que esperan aos peregrinos en Compostela. E, para acompañar, a organización disporá unha barra cos viños do Camiño.

Aínda que a entrada é libre, recomendase ao público que reserve a súa praza na dirección de correo electrónico programa@fairwaysantiago.com.

Actividades para todos os públicos

Pero non todo é comer e cantar, durante toda a xornada do domingo 10 repartiránse actividades gratuítas para nenos e maiores: o roteiro de sendeirismo I Camiño, un photocall, xogos de escape room, obradoiros de mindfulness, un espazo para adopción canina proporcionado pola asociación APACA, así como unha charla con consellos para facer o Camiño con animais, unha ludoteca infantil e, a última hora, Celso F. Sanmartín sairá a escea coas súas narracións e o público poderá gozar dun íntimo concerto da galega Susana Seivane.

O programa completo deste Open Day pode consultarse na propia páxina web de Fairway: www.fairwaysantiago.com/open-day

 

Comparte...