ANA, a xenebra de Adegas Moure, sae á luz

ANA, a xenebra de Adegas Moure, sae á luz

ANA, a xenebra que supón o último lanzamento de Adegas Moure, presentouse publicamente en Xantar.

ANA London Dry Gin é unha xenebra Premium que segue un proceso de dobre destilación. Para o proceso de fabricación seleccionouse en Inglaterra o alcohol base e nas destilarías de Abadía da Cova realízase a ensamblaxe e a botánica/aromatización para obter o resultado final. O alcohol base chega tras unha tripla destilación de gran de trigo enteiro, natural e sen manipulación xenética, e unha posterior dobre destilación dese alcohol base. Pola súa banda, e entrando na botánica, apúntase que a xenebra conta con bagas de xenebreiro, semente de coandro, raíz de anxélica, pel de laranxa e máis pel de limón.

O nome de Ana é unha homenaxe a Ana Vázquez, esposa de Xosé Moure, fundador da adega, e a todas as mulleres galegas.

Xosé Manuel Moure apuntou que a produción inicial é de 4.000 litros. A botella desta nova proposta entre as xenebras galegas resulta moi elegante, pensada para conxugar atracción e discreción nos estantes dos locais ou particulares.

Dende Adegas Moure destacan que a xenebra é o froito dun traballo de máis de dous anos de investigación e que está a recoller unha moi boa acollida na canle HORECA. Se ben está orientada ao sector hostaleiro, proximamente estará dispoñible en tendas e grandes superficies.

Comparte...