Godeval, entre os 100 mellores viños do mundo de Wine Spectator

Godeval, entre os 100 mellores viños do mundo de Wine Spectator

A revista americana Wine Spectator fixo pública, a pasada semana, a súa prestixiosa lista anual dos 100 mellores viños do mundo, que este ano inclúe un viño galego: trátase do godello Godeval Cepas Vellas 2014, da adega Godeval, que se sitúa no posto 75 con 91 puntos.

É a segunda vez que a bodeda da D.O. Valdeorras consegue aparecer na publicación de Wine Spectator, que xa o ano pasado situaba no posto 36 á mesma marca da anada 2013.

Godeval Cepas Vellas 2014 é o único viño galego que aparece na lista de 2016, acompañado doutros 11 viños españois con predominio de caldos Rioja e Ribera del Duero. A descrición deste viño fala de “aromas de pera, pexego e marmelo que se mesturan neste viño expresivo, mentres notas minerais, mandarina e jengibre engádenlle complexidade”.

A revista Wine Spectator comezou a publicar esta lista no ano 1988, e foi gañando notoriedade e prestixio desde entón. Na primeira edición catáronse 3000 viños, unha cifra que foi aumentando.

Comparte...