Godeval celebra os seus 30 anos elaborando godello cunha gran festa

Godeval celebra os seus 30 anos elaborando godello cunha gran festa

O evento de Godeval celebrarase o día 2 de xullo nos xardíns da adega no Barco de Valdeorras

Os sentidos serán os protagonistas da celebración, que unirán o goce dos viños da adega maridados cunha comida especial, a música e unha contorna única ao aire libre entre viñedos . O lugar elixido para esta ocasión son os xardíns da adega nova e a música correrá a cargo da cantante galega Uxía Senlle.

Ademais, non faltará unha cea cóctel con petiscos elaborados por un cociñeiro do Barco que ofrecerá un repertorio de once tapas diferentes maridadas cos viños de godello da adega. A festa tamén contará con coctelería elaborada cos augardentes da adega.

A velada que empezará ás 7 da tarde, prolongarase ata a medianoite e deparará moitas sorpresas.

As entradas do evento teñen un prezo de 25 euros por persoa e xa se poden adquirir nas oficinas de Godeval no Barco poñéndose en contacto coa adega no 988 108 282 ou no correo electrónico amigosdegodeval@godeval.com. O prazo para compralas pechará o 27 de xuño.

A adega

Ao longo de 30 anos, Godeval puxo todo o seu empeño en extraer o máximo potencial dunha variedade como a godello. O que empezou en 1986 con 5 socios e 2 hectáreas de viñedo é hoxe un proxecto que segue crecendo chegando na actualidade ás 21 hectáreas e 150.000 botellas producidas.

Comparte...