Godeval lembra as súas orixes cunha nova etiqueta nos seus viños

Godeval lembra as súas orixes cunha nova etiqueta nos seus viños

Godeval renova a súa imaxe cunha nova etiqueta para lembrar as súas orixes de Godeval

Este mes de febreiro, chegou ao mercado a nova añada de Godeval, que ademais ven cun cambio de imaxe da marca insignia da bodega valdeorresa.

A añada 2017 é para Godeval, o momento de dar un cambio de cara á botella deixando atrás a etiqueta dourada e torcida para substituila por unha máis envolvente e branca.

O dibuxo da etiqueta é unha plumilla da antiga bodega, na que elaboraron seus primeiros viños na década dos anos oitenta e ata o ano 2009.

Por isto, a nova imaxe é un novo homenaxe ás orixes dos viños que elaboran coa variedade godello.

2017: unha añada para lembrar

Para Godeval, o pasado ano 2017 convertirase nun dos anos a lembrar como unha añada especial, debido ás condicións do ano meteorolóxico que levou a recoller a uva con case un mes de adianto.

Un inicio moi cedo que non se recordaba nos 31 anos de historia desta bodega. As uvas se desenvolveron nunha primavera con xeadas e tormentas que afortunadamente non afectaron demasiado ás fincas.

O que sí marcou esta añada foi a forte sequía dende o mes de maio e as altas temperaturas do verán, o que orixinou un descenso significativo na producción. A pesar de todos estos factores adversos, a uva estaba san e madura no momento da súa recollida.

Finalizada a vendimia, a fermentación prolongouse durante uns 30 días para conseguir a máxima expresión aromática da variedade godello.

Polo que esta añada é definida xa polos seus produtores, como un viño cálido, limpio e aromático

Comparte...