Gotas de Abril, aceite gourmet envasado en Ourense estará no mercado o próximo mes

Gotas de Abril, aceite gourmet envasado en Ourense estará no mercado o próximo mes

A partir de febreiro as tendas especializadas en produtos de alimentación de alta gama comercializarán Gotas de Abril, o aceite gourmet elaborado pola firma ourensá Aceites Abril.

Gotas de Abril é un coupage de aceites de oliva virxe extra premium que se presenta nun envase de vidro de medio litro que evoca a pel da oliva, segundo a empresa.

A firma ourensá sacará ao mercado unha edición limitada de 20.000 botellas deste aceite, que foi envasado o 12 de decembro de 2012 (12-12-12).

Abril agarda posicionar este novo aceite, envasado en Galicia, nos mellores restaurantes do país.

A empresa tamén traballa na elaboración dun aceite de oliva cen por cento galego, elaborado en Ourense a partir de olivas producidas en Galicia. O pasado mes de decembro presentou en público a colleita deste ano, que non saíu ao mercado e foi destinada exclusivamente a agasallos da empresa.

Comparte...