Gran acollida da campaña de ‘rasca e gaña’ do Franco

Gran acollida da campaña de ‘rasca e gaña’ do Franco

O Boteco, Casa Elisa, Mesón 42, Porta Faxeira, A Barrola e ACDC, agrupados baixo a denominación de Fran& co, continúan repartindo premios entre os seus clientes a través dunha promoción de ‘rasca e gana’ cuxo fin é impulsar unha ruta entre os seus establecementos e, sobre todo, conseguir que a Rúa do Franco volva ser a rúa de viños por excelencia dos composteláns.

Os impulsores desta campaña, denominada “Comer e rascar todo é empezar”, subliñan a boa acollida da iniciativa sen esquecerse de agradecer a confianza dos usuarios habituais da zona. Miles de invitacións a un viño ou a unha cervexa de barril de Estrella Galicia, así como varios lotes de viño, unha estancia romántica no Hotel Virxe da Cerca ou unha cámara Go Pro son algúns dos agasallos que obtiveron xa os clientes que resultaron afortunados cun boleto gañador.

A campaña estará activa ata o 13 de xaneiro. Isto significa que aínda quedan tres fins de semana máis para participar e seguir optando a gañar consumicións, ceas ou o gran premio dunha viaxe para dúas persoas a Cabo Verde co operador turístico galego YuTravel. Participar é moi fácil: por cada cinco euros de consumición, as persoas que acudan a estes seis locais da rúa do Franco entre xoves e domingo reciben un boleto co seu rasca, baixo o que se atopan os premios ou, no caso contrario, unha lenda que convida a seguir participando.

Comparte...