Festival de la Luz Mahou

Gran afluencia de público no Gastroespacio Mahou do Festival da la Luz

O Gastroespacio habilitado por Mahou no Festival de la Luz, que se celebrou no concello de Boimorto os días 8, 9 e 10 de setembro, contou cunha gran afluencia de público a pesar da choiva. Os miles de asistentes ao evento non quixeron perderse as propostas levadas a cabo por Mahou, que incluían showcookings de diferentes cociñeiros de renome e cursos de tiraxe de cervexa.

O sábado, o protagonismo recaeu en Gerson Igresias, cociñeiro do restaurante Ruxe Ruxe de Vigo, e en Álvaro Victoriano, responsable da cociña de Peculiar (A Coruña). Ambos prepararon ante o público distintas elaboracións con base no produto autóctono e de tempada do mercado do Festival da la Luz, ofrecendo a oportunidade de degustar as tapas elaboradas. O prato elaborado por Igrexas, unha reinterpretación do kinilaw filipino (un prato de peixe que preparou para a ocasión con bonito de Burela e maracuyá), tivo unha gran acollida.

Xa o domingo, chegou a quenda dos chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela, do restaurante compostelán A Horta d’Obradoiro, que se encargaron de abrir a programación gastronómica do día cunha tapa de figo recheo de robaliza. Tras eles estiveron tamén os cociñeiros Alberto González, do restaurante Silabario de Tui, e Rafa Centeno e Inés Abril, do restaurante con estrela Michelín Maruja Limón de Vigo.

O Gastroespacio acolleu, ademais, varios talleres de tiraxe de cervexa, nos que o público aprendeu os segredos para unha tirada perfecta e puido degustar cervexa Mahou.

Comparte...