O Grupo Nove xa conta co seu libro gastronómico: “Nove e a nova cociña galega. Cociñeiros, Paisaxes e Produtos”,

O Grupo Nove xa conta co seu libro gastronómico: “Nove e a nova cociña galega. Cociñeiros, Paisaxes e Produtos”,

A cociña do Grupo Nove é a protagonista do libro gastronómico “Nove e a nova cociña galega. Cociñeiros, Paisaxes e Produtos”, o primeiro publicado polo colectivo e que é a sobremesa aos actos do seu décimo aniversario no 2013.

En palabras de Miguel Campos, director do Grupo Nove, na presentación do volume: “Nesta obra reflectimos que Nove é un Grupo que funciona como tal, porque compartimos amizade, unha filosofía común como cociñeiros: practicamos unha cociña que combina tradición e innovación; unha cociña de produto, contemporánea, creativa, de despensa, sinxela e emocional”.

Receitas, perfiles dos distintos cociñeiros, a súa relación persoal coa gastronomía e cun produto “fetiche”… enchen as 220 páxinas a toda cor de “Nove e a nova cociña galega. Cociñeiros, Paisaxes e Produtos”. Nelas é posible atoparmos, entre outras, as palabras do cociñeiro Martín Berasategui, os xornalistas Manuel Gago e Marta Fernández Guadaño e máis as imaxes do fotógrafo Ovidio Aldegunde.

Comparte...