O GRUPO NOVE CELEBRÓU O SEU ANIVERSARIO CUN SHOW COOKING EN MADRID

O GRUPO NOVE CELEBRÓU O SEU ANIVERSARIO CUN SHOW COOKING EN MADRID

Os cociñeiros do Grupo Nove celebraron en Madrid o seu décimo aniversario, nun show cooking no que amosaron as súas creación á prensa e bloggers especializados, nunha acción que contou cola colaboración da secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, os consellos reguladores das denominacións de orixe vínicas de Galicia e Hijos de Rivera.

Na Gastronovena madrileña participaron os representantes de Casa Marcelo; O Retiro da Costiña; La Estación; A Gabeira; El Mercadito;  Domus; España; Paprica;  A Rexidora; Taky; Eirado da Leña; Silabario; Culler de Pau; Maruja Limón; Pandemonium; Yayo Daporta; Pepe Vieira; Casa Solla e Pablo Romero.

O Grupo Nove comezou a xestarse en 2002 e constituíuse formalmente no 2003, polo que os seus integrantes están xa a organizar a celebración do seu aniversario en Galicia, cun acto que prevén celebrar no primeiro semestre de 2013 na Cidade da Cultura, tal como asegurou a BenBo o seu presidente, Miguel Angel Campos. O acto será aberto ao público.

Asemade, Nove renovou as súa páxina web, cunha nova imaxe

Comparte...